MAPAS RALLY NOIA



TRAMO A - STARK (GOOGLE EARTH)





Para chegar a este tramo, temos que saír de Noia dirección Muros pola AC-550. Ao chegar á rotonda de Orro (do Corredor) tomamos a segunda saída, dirección “Outes”, “Muros”, pola AC-550, ata chegar ao Km 68, onde nos desviamos á dereita, pola indicación de “Outes”, “Pino do Val”, “Santa Comba”.
Unha vez situados no Centro da Serra de Outes, temos varias opcións:

-1º: Si antes de cruzar a ponte, xiramos á dereita cara a DP-5604 (indica “Santa Comba”, “Negreira”, “Pino do Val”), cando levemos un kilómetro temos que seguir recto pola DP-4502. Despois de 9,1km chegamos a un cruce a esquerda que pon “Serra de Outes (por San Lorenzo 10”), polo que atopamos a META.

– Si nese cruce seguimos rectos; 2,4km despois, na rotonda de Pino do Val, debemos coller a 4ª saída, que indica Muros pola AC-440. No kilómetro 78,100 desta, coller o cruce á esquerda dirección “Valadares 2, Outes 10”; por onde 3,550 km despois, encontramos o treito.

-2º: Si tras cruzar a ponte xunto ao Concello de Outes, nos desviamos pola DP-3404 dirección “Mazaricos 18, Santa Comba 33”; aos 200 metros, chegamos a un CEDA nunha farmacia. Si o tomamos recto, dirección “Valadares” pola DP-6202, tras 1,9km, encontrámonos ca Igrexa de Outes, onde si collemos á esquerda, atopamos a SAÍDA do tramo. Si na Igrexa seguimos rectos, tamén nos encontraremos ca especial.

– Si no CEDA xunto á farmacia, xiramos á dereita, cara “Cee, Mazaricos, Santa Comba” pola DP-3404, 3,250 km despois, temos que desviarnos á esquerda na sinal. 350 metros despois, tras atravesar a aldea de “Lantarou”, e onde acaba a pista de cemento, temos que xirar á esquerda, por onde, a 1,350 km, está o treito.

– Si en vez de coller o cruce cara “Lantarou”, seguimos rectos pola DP-3404, tamén encontramos o tramo, a 5,700km dende a farmacia.



-3º: Si seguimos dirección “Muros” pola AC-550, ao chegar ao kilómetro 61,800, á altura do Restaurante Brasil, no Cruceiro de Roo, hai que coller o cruce á dereita. 150m despois, volveremos xirar á dereita xunto aos contenedores, para xirar á esquerda 200m máis tarde, e á dereita, 150 despois. 1,7 km máis adiante, ao chegar ao cruce cun cruceiro, hai que seguir recto; e aos 2,5 km, xunto á marquesina, coller o desvío da dereita. 1,5 km despois, atoparemos o treito.



TRAMO B - SENRA SPORT (GOOGLE EARTH)




Para chegar a este tramo, temos que saír de Noia dirección Muros pola AC-550. Ao chegar á rotonda de Orro (do Corredor) tomamos a segunda saída, dirección “Outes”, “Muros”, pola AC-550, ata chegar ao Km 68, onde nos desviamos á dereita, pola indicación de “Outes”, “Pino do Val”, “Santa Comba”. 3 km despois, antes da Ponte xunto ao Concello de Outes; xiramos á dereita cara a DP-5604 (indica “Santa Comba”, “Negreira”, “Pino do Val”), e cando levemos un kilómetro temos que seguir recto pola DP-4502. 11,5 km despois, atopamos a rotonda de Pino do Val, onde:
Si collemos a 3ª saída dirección DP-3404, indica “Mazaricos, A Picota”, despois de 4,100 km xunto á Cervecería Verxel, debemos xirar á esquerda hacia “Outeiro, Godón, Xesto”; por onde encontramos o treito.
Si seguimos 400 metros dende á Cervecería, ata pasar o Concello, hai outro cruce á esquerda, dirección “Beba, Coirós, Suevos”; pola DP-4501, onde, sin desviarnos, atoparemos o treito a 3,9 km.
Si na rotonda de Pino do Val, collemos a 4ª saída, dirección “Muros,AC-440”, temos 3 opcións:

1ª: Si no kilómetro 80, xiramos á dereita hacia “Coiro, Beba, Mazaricos”; atoparemos o treito a 2,250 km.

2ª: Si xiramos á dereita no Km 80,300; dirección “A Manda, Fornís”; tamén encontraremos o treito.

3ª: Xirar á dereita ao chegar a Paxareiras, no Km 83,700 hacia “Arcos, Colúns”; e sin desviarnos, recorrer 6,300 km, ata un cruce á dereita que indica Figueira, por onde tamén atopamos o treito.



TRAMO C - PAVIMENTOS NOIA (GOOGLE EARTH)




Saindo de Noia dirección Santiago de Compostela pola AC-311, enlazamos coa AC-543, onde temos dúas opcións:

1º: No Kilómetro 22,2, tomar o cruce á dereita que indica “Servia”, “Comparada”. Despois de 2,6 kilómetros, xiramos á esquerda ao chegar á casa amarilla, e 900 metros despois, chegamos ao tramo.

2º: Na rotonda do kilómetro 19, tomar a primeira saída dirección “Rois 10”, “Padrón 14”, pola CP-4702. Despois de 2,650 Kilómetros, xiraremos á dereita cara “Noia 16” pola AC-308. 3 Kilómetros despois, atopamos o tramo.
Saindo da Alameda cara Santiago pola AC-311, collemos ó cruce á dereita que indica “Padrón”, “Lousame”; pola AC-308. Despois de 4,5 km, á altura da marquesina de Soutorredondo, collemos o cruce á dereita, por onde chegamos á Saída.
Saindo da Alameda cara Santiago pola AC-311, collemos ó cruce á dereita que indica “Padrón”, “Lousame”; pola AC-308. Tras 1,4 kilómetros, tomamos o cruce á dereita que indica “Casa do Concello”, “Casa da Cultura”, e 200 metros despois, no ceda, xiraremos á esquerda. 650 metros despois, collemos o cruce á esquerda que indica “Igrexa San Xoán de Lousame”. Tras 1.650 metros, chegamos a un STOP, no que si seguimos rectos, temos o tramo a 500 metros.



TRAMO D - NEUMATICOS TINO (GOOGLE EARTH)



Saíndo de Noia dirección Santiago de Compostela pola AC-311, enlazamos coa AC-543, onde temos dúas opcións:

1º: Ao pasar a rotonda de Sampaio, coller a primeira saída, indica San Xusto, e tras 25 metros o cruce á dereita que indica Boña, polo que chegamos ao tramo.

2º: Seguir ata o Kilómetro 26,5, e xusto coller o cruce á esquerda que indica “Central do Tambre”, “Liñaio”, “Mato”, “Pastoriza”. Despois de 1.200 metros, tomar outro cruce á esquerda que indica “Liñaio”, “Sta. Mª de Roo”, “Castro Lampreiro”, por onde encontramos a saída do tramo.

Si saímos da Alameda de Noia dirección Santiago pola AC-311, ao chegar ao kilómetro 1, na Fialla, collemos o cruce á esquerda xunto á marquesina, e entramos na DP-5702. Despois de 350m, chegamos a un STOP, no que si seguimos recto, chegamos ao tramo despois de 2,8 kilometros.
Saíndo da Alameda cara Santiago pola AC-311, collemos ó cruce á dereita que indica “Padrón”, “Lousame”; pola AC-308; onde sen desviarnos, chegamos a tramo en 5,1 km.
Para acceder á meta, salimos dende a Alameda pola AC-311, e despois de 3 kilómetros, tomamos o cruce á dereita que indica “Albariza”, “Lesende Igrexa”, e chegamos seguindo recto.

No hay comentarios: